Badoo é o lugar ideal para crear conexións auténticas. O noso obxectivo é crear un espazo no que todo o mundo poida amosarse tal e como é e dicir con claridade o que está procurando. Queremos que todos gocen da experiencia de Badoo, sempre empregando a plataforma de forma segura e responsábel. Para asegurarnos disto, contamos cunhas normas que é preciso respectar.
Preséntate de forma honesta. Agardamos que poidas quedar con xente na vida real grazas a Badoo; por iso, tanto o teu nome, como as túas fotos e información de perfil deben ser verdadeiros. Tamén che recomendamos que empregues o noso sistema de verificación por foto para que o resto de usuarios saiban que o teu perfil é auténtico. Unha vez verificado, podes escoller que só se che amosen perfís verificados ✅
Non permitimos as contas compartidas. Sabemos que cada relación é única, pero non podes compartir a túa conta de Badoo coa túa parella, amigos ou un grupo. Somos o sitio para que te centres en explorar sendo ti mesmo.
Usa as nosas funcións! Tes un montón delas dispoñíbeis tanto na aplicación como na web para asegurarte de que as túas conversas sexan ✨. Non copies e pegues a mesma mensaxe a tódalas persoas que che gosten; para saber o que lles interesa, tómate o teu tempo en ler as súas preguntas de perfil ou usa unha das nosas formas de iniciar unha conversa. Poida que aches que os dous sodes Xémini e que vos encanta comer pizza na cama os domingos pola mañá... Xa nos darás as grazas máis tarde!
Esforzámonos cada día para sermos o máis inclusivos posíbel. Agardamos que ti fagas o mesmo: se na vida real non dirías ou farías algo, non o fagas tampouco na aplicación.
Seguimos un política de tolerancia cero ante calquera tipo de discurso de odio. Isto inclúe todo tipo de material que manifeste algún tipo de discriminación por raza, etnia, relixión, habilidades, identidade de xénero, idade, orixe, orientación sexual ou calquera outro aspecto que poida ser ofensivo para un membro en concreto da comunidade. Se o teu perfil ou as túas conversas conteñen este tipo de contido, a túa conta será eliminada de xeito permanente. Queremos que te mostres tal e como es, pero sempre respectando aos demais. Trata como quieras que te traten 💜
A túa seguridade é o máis importante para nós. Por favor, non inclúas os teus apelidos, número de teléfono, enderezo da túa casa ou do traballo, enderezo de correo ou información das túas contas en redes sociais en ningunha parte pública do teu perfil. Cando fales con alguén novo, recomendámosche que empregues a aplicación como medio para comunicarvos, xa que contamos con distintos procedementos para garantir a túa seguridade. Podes ler máis sobre os nosos consellos de seguridade aquí.
As fotos que realmente representan quen es son as mellores fotos de perfil. Asegúrate de que as fotos que subas:
Queremos que aproveites Badoo ao máximo e que poidas expresarte e explorar o que queres, sen que isto teña ningún impacto negativo en ninguén.
Se non respectas estas normas e o Pacto de honestidade, tanto ao usares a aplicación como ao quedares con xente, podemos eliminar a túa conta en Badoo de forma permanente. Estamos orgullosos de ter unha das comunidades máis grandes e en constante crecemento dentro do mundo das aplicacións de citas e agardamos que che goste ser parte dela :)