Sobre Badoo
Que é Badoo? Que fago aquí? Onde estou? Atopa aquí a resposta ás túas dúbidas existenciais.
- Que cambios se fixeron en Badoo?
O maior cambio que fixemos está no xeito no que abordamos todo o que facemos.
Anuncia-lo cambio é só o principio para nós, agardamos que che gostasen o novo logo, as cores e os anuncios que lanzamos.
Este cambio realizarase en distintas fases. Primeiro, actualizando o noso deseño. Segundo, engadindo novas funcións. Terceiro... quen sabe?
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. - Que é Badoo?
Badoo é a forma máis sinxela de coñecer xente nova na túa zona ou arredor do mundo. Está cheo de usuarios que que queren parolar contigo ou coñecerte en persoa e comparti-las súas experiencias, intereses e amizade.
Poderás parolar, facer novas amizades, compartir fotos e vídeos ou mesmo conseguir unha cita. Hai moita xente esperándote en Badoo!Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. - Como funciona Badoo?
Badoo está deseñado para ser empregado de maneira fácil e intuitiva, pero entendemos que os usuarios novos coma ti precisen un pouquiño de axuda para non perderse.
Cando te rexistras por primeira vez, debes asegurarte de subir unha boa foto túa e escribir un pouco sobre ti para amosares aos outros usuarios quen es.
En canto crée-lo teu perfil, podes probar Encontros , que é a alma de Badoo. Simplemente escorrega para votar "Si" ou "Non" a outros usuarios, e se ambos votades "Si", fórmase unha Conexión e podedes comezar a parolar! Asegúrate de que configuraches correctamente a sección "Quero".
Xente preto é a sección na que poderás ver perfís de xente da túa cidade ou rexión.
Podes utilizar Badoo de maneira gratuíta, pero se queres destacar entre todo o mundo, bota unha ollada aos nosos servizos premium: Créditos e Badoo Premium.
Esperamos que goces da túa experiencia Badoo!
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. - Hai normas?
Só unhas poucas! Antes de nada, xoga limpo. Queremos que teñas unha experiencia agradábel e que poidas expresarte da mellor maneira posíbel, pero se outros usuarios se queixan do teu comportamento, tomarémo-las medidas oportunas. Ademais, calquera contido que subas ao teu perfil de Badoo debe axustarse ás Condicións de Uso e non violar ningún dereito de autor. Calquera material pornográfico ou ofensivo será eliminado e podería resultar na eliminación da túa conta de Badoo. Para máis información, consulta os seguintes apartados: Normas da Comunidade, Condicións de Uso, e Política de Privacidade.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos. - Canto custa?
Badoo é completamente de balde! Isto permíteche crear un perfil de usuario, engadi-las túas fotos e vídeos, procurar xente na túa zona ou parolar con novos usuarios cada día. Se queres sacarlle o máximo partido a Badoo, temos unha serie de servizos de pagamento para conseguir maior atención e coñecer a máis xente. Fai clic naqueles que che interesan, como Ponme primeiro , Destaca o Badoo Premium para obter máis información.
Por que non che resultou útil?
Non me gosta a resposta.
Non responde á miña pregunta.
Contén información errónea.
Outros motivos.